En 2024, a súa experiencia nunha nova cidade inspíraa a facer o que sempre quixo: compoñer e cantar as súas propias cancións. Nese mesmo ano gaña o segundo premio no concurso de maquetas de música da Universidade de Vigo, e o primeiro premio Xuventude Crea na modalidade de música. Para este concurso xúntase con Víctor Chao (guitarra), Antón Noche (baixo) e Adán Rodal (batería) quenes desde entonces conforman a súa banda, colaborando na composición e directos.